Sede electrónica Concello de Corcubión

03:02:09 Xoves 31 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: 1 - 30 de abril

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 14.7.2b da Ordenanza Reguladora.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal (obrigatorio cumplimentar e asinar)
  • Libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Copia do DNI da nai, do pai ou titor/a legal.
  • Título de familia numerosa.
  • Última declaración do IRPF ou certificado emitido pola Axencia Tributaria, relativo ao ano anterior.
  • No caso de tener a residencia noutro municipio, certificado de empadroamento colectivo.
  • Xustificante de ocupación ou de desemprego (fotocopia das últimas nóminas, certificado da vida laboral, certificación de empresa, último recibo do pago a Seguridade Social no réximen especial de traballadores por conta propia ou certificación de desemprego).
  • Certificado de discapacidade do grao e nivel de dependencia alegada polos/as membros da unidade familiar.
  • Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións alegadas polos/as membros da unidade familiar.
  • Documentación acreditativa do acollemento.
  • Declaración responsable sobre as necesidades específicas de apoio educativo do/a neno/a ou, no seu caso de dispor del, Informe do Equipo de Valoración e Orientación das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, servizos especializados de atención temperá de la Administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na Administración do Estado ou nas correspondentes comunidades autónomas sobre a súa necesidade de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales cómo: sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno filiais, abandono do fogar, maltrato, etc.
  • Informe dos Servizos Sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais nas que viva a unidade familiar.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.